Benvid@
Asociación de Axuda á Integración Social Con.TI.go e unha entidade sen ánimo de lucro, do eido social, que foi fundada no ano 2016 por un grupo de persoas preocupadas e concienciadas con certas problemáticas, que dan lugar a desigualdades e inxustizas sociais como por exemplo a violencia machista, conducta que tende a ir en aumento nos últimos tempos sobre todo entre os adolescentes.

Prevención e a educación
Traballar a educación en igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero en centros educativos con alumnxs de E.S.O a través de accións de sensibilización (talleres, relatorios e homenaxes on motivo de diferentes datas coma o 25N e o 8M, xa que a prevención e a educación son o mellor xeito de abordar esta problemática social que se está a producir na sociedade e que tanto nos preocupa.

Dinamización e impulso
Contribuír a impulsar e a dinamizar a vida das mulleres, coa finalidade de promover, fortalecer e consolidar o cambio de valores e da transformación necesaria para avanzar na igualdade real e efectiva por razón de xénero,

Vivas querémonos
Porque NON é i sempre será NON.
Porque querémonos libres.
Pero sobre todo queremonos VIVAS.
«Se algo che doe, che fai sentir mal, che produce conflicto, malestar ou che da medo, é ela, non o dudes, é violencia.»